24 jul 2010

Al alba



Achegácheste á miña soidade
tan incriblemente exacta
que foi como se de tanto soñarte
eu mesmo te creara.

Batía o amor nos pulsos do aire,
e nas polas do sangue
era a vida enteira
que tamén rebentaba,
que de novo florecía
como nunca florecera,
como nunca rebentara.
Era nos pulsos do meu sangue
onde o teu amor pulsaba.

Páramos da soidade miña
a onde en amor chegaras
como se de tanto soñarte
eu mesmo te creara.